Bieitta James / Pepe King /
The Blues Moonshiners
Blues do País • Bieitta James e Pepe King ofrecen setenta e cinco
minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A nosa diva rural e
Blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos! Blues, si, señora,
blues de toda a vida. Blues do bo; blues do país. Do noso, do que
empeza nos Ancares e chega ata Missouri…
The Blues Moonshiners • Jay Doe: guitarra, voz; Ramón Figueira:
harmónica; Fran Rilli: percusión. The Blues Moonshiners é un trío
de blues que existe desde o 2018 e mestura o blues de estilo rural, o
country blues e a música folk de raíz afroamericana dos anos 30, 40
e 50. A súa música defínena blues anello de destilación ilegal, de aí
o nome Moonshiners, que fai referencia aos destiladores de whisky
fóra da lei na América profunda. Agasállanos cunha divertida combinación
musical que leva o blues e mailo country folk ao seu estado
máis primitivo con axuda da peculiar mixtión de instrumentos da
época; a guitarra, a harmónica e os instrumentos de percusión rudimentarios.
Rúa dos Paxariños, 23 – Lugo | Tfno.: 982 243 270
E-mail: club@clavicembalo.com
www.clavicembalo.com
Emenda e traduce: Shuǐ Lóng | saddayakko@gmail.com