Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Mr. River

20 Xaneiro

Sábado 20 Mr. 22:30

Mr. River  Jazz – Rock – Fusión

Miguel Del Río, compositor dos temas e guitarra, Santi MarSan ao baixo e Marcos Corbacho á batería

MR. RIVER nace da fusión de diferentes estilos musicais como o jazz, rock, blues, flamenco, funk e da música tradicional galega, creando así unha diversidade de composicións orixinais, baseadas nas vivencias e sentimentos do compositor, dando lugar a un estilo propio, denominado “River Style” A banda fórmase en Pontevedra no ano 2018.. A súa discografía comeza no ano 2019, co lanzamento do seu primeiro disco, titulado Mr. River, ao que seguiron On The Dock (2020) e Night Court (2021), cun importante impacto entre crítica e público en festivais de Galicia e Portugal como; Festival Internacional de Jazz & Blues de Pontevedra 2023, Festival Internacional de Jazz de Lugo 2022, Jazz & Blues Win Fest 2022 Ponte da Barca en Portugal, Reboreda en Jazz 2021, Festival Internacional de Jazz & Blues de Pontevedra 2019, Festival de Jazz de Ponteareas 2018 e Festival Internacional Jazz dá Armenteira 2018.

Detalles

Data:
20 Xaneiro