O NOSO LOCAL
É un local fundado no ano 1986 que se atopa dende o 31 de agosto de 1995, na rúa Paxariños, 23, e ten, se me permitides a presunción, unhas características propias ou que o diferencian doutros locais que existen no noso querido e aceleradamente destruido planeta (aínda quedan sitios fermosos…).
Neste Club apostamos pola música en directo e por outras actividades culturais.
A nosa aposta foi sempre a calidade; pensamos que só esta nos pode outorgar o apoio dun público que se confía en que a calidade é o noso “principio”, se mostrará en boa disposición para aceptar as “novidades” que lle proporemos cada mes.
![escenario-logo](https://www.clavicembalo.gal/wp-content/uploads/2023/09/escenario-logo.jpg)
![bordell](https://www.prodesin.net/~clavi/wp-content/uploads/2023/09/bordell.png)
![fachada-larga-1920-rec](https://www.prodesin.net/~clavi/wp-content/uploads/2023/09/fachada-larga-1920-rec.jpg)