
Orquestra Bravú Xangai
29 Marzo

Orquestra Bravú Xangai
Mighelón Paz: batería, outros instrumentos de percusión e voz; Antón Díaz: baixo e voz; Guni Varela: guitarra e voz
solista; Xan Xove: gaita e voz; María Prado: trompeta e voz; Richi Casás: saxo alto e voz; Martinho da Bandeira:
saxo tenor e voz; Oli Cano: saxo barítono, frauta traveseira, sintetizador, voz e baile ao vivo; Xurxo Souto: voz; Max
Ferreiro: son ao vivo.
Pode que a fin do mundo estea preto mais, se pola Orquestra Bravú Xangai fose, o mundo sería un baile eterno, unha
repichoca sen fin, unha festa sen medida con gosto a sal e licor como boa bacanal bravú. A Xangai, con Xurxo Souto
á fronte, segue co facho do bravú prendido trinta anos despois daquel glorioso momento, a fundación do Bravú en
Chantada en novembro de 1994. O seu novo disco, Os saxofóns de Occidente, contén dezasete cancións e o seu
directo un feixe de músicas coas que bailar e brincar até que saia o sol.