
Faltriqueira | Folk tradicional – RGMV
7 Marzo/ 22:30 - 23:30

Ás 22:30… Faltriqueira | Folk tradicional RGMV
Coa entrada do 2025, Faltriqueira prepárase para presentar un repertorio renovado que mestura a nosa esencia
folclórica con novas influencias. Este novo traballo incluirá cancións inspiradas en textos de Rosalía de Castro e nun
dos poemas que Federico García Lorca escribiu en galego, achega así unha sensibilidade única que conecta coa forza
e delicadeza da nosa tradición. Un por un, os temas musicais reflicten e honran a esencia das mulleres galegas e as
súas vivencias na esfera familiar e na artística; resoan coa voz da terra galega que levamos no noso canto.
Mantémonos fieis ás formas e sons galegos e tamén abrimos espazo para a evolución e o diálogo co mundo,
integrámo-lo máis profundo da nosa tradición na visión universal que sempre buscamos. Traemos un repertorio
creado para emocionar e honra-la nosa historia e estamos desexando compartilo con todos vós. Celebrámo-lo noso co
corazón cheo de orgullo.