Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Tábula. Teatro Inmersivo

11 Setembro

Mércores 11   Tábula. Teatro Inmersivo

22:30

O meu nome é Iago de Sant e, debido á miña dislexia intermitente, ás veces fáiseme difícil definir as palabras. Por iso teño tendencia a inventalas: microsoños, filmersión, tábula… Sempre quixen crear algo que fose o oposto a un espectáculo, onde as palabras, ademais de ser contempladas, poidan tamén ser experimentadas. Tábula é unha experiencia na que o espectador se converte en participante dunha historia que se crea no momento, sen preparación previa. Ou polo menos, esa é a cima cara á que queremos dirixirnos nesta viaxe. Unha viaxe onde a incerteza é unha compañeira constante. No Clavi, ademais da incerteza, podería haber un, dous ou tres interactuantes —outra palabra inventada que significa actor ou actriz que interactúa coas persoas asistentes. O que é seguro (ou non) é que esta viaxe a iniciamos presentes (ou non): Pablo Méndez, Yuslier Lazo Saavedra, Marta Arias e máis eu, Iago de Sant, xunto co público participante, Ah, e sempre haberá unha cámara como testemuña protagonista.

Detalles

Data:
11 Setembro
Categoría do Evento: